Cada 25 de novembro reunímonos para conmemorar e visibilizar a loita contra a violencia e xénero. No CEIP Xoaquín Loriga de PRado sumámonos a esta repulsa e continuaremos traballando día a día para promover a igualdade e o respecto entre as persoas para poder acadar un mundo máis xusto e igualitario.
O alumnado de 6º EP contribuiu a este rexeitamento social facendo unha representación crítica aos contos tradicionais de princesas e príncipes, coa finalidade de construír un modelo formativo capaz de englobar por igual o feminino e o masculino, para que se imparta unha coeducación real, sen estereotipos sexistas, xa que son os piares básicos para erradicar a violencia de xénero na sociedade.💘
Neste 25 de novembro, os nenos e nenas de educación infantil tamén quixeron poñer voz “contra a violencia de xénero”.
Xuntos falaron e chegaron a acordos sobre aqueles
comportamentos que debían evitar e pola contra aqueles que lle axudarían a
convivir
Con respecto e tolerancia.
Porque a educación contra a
violencia de xénero comeza desde pequeniños teñamos en conta a súa voz.

























Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.