domingo, 26 de outubro de 2025

DE PRADO A PADRÓN

 

           Visita á Casa Museo Rosalía de Castro

Este venres, 24 de outubro, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria colleu rumbo a Padrón para gozar dunha visita á casa onde viviu e morreu a escritora Rosalía de Castro.

Fixeron un percorrido polo interior da casa, polos acontecementos que marcaron a súa vida e obra  e polos xardíns do exterior, onde aproveitaron para tomar unha merenda de media mañá.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.