venres, 17 de outubro de 2025

Reapertura da Biblioteca escolar

O día 24 de outubro conmemórase o día das Bibliotecas Escolares e tamén o Día Mundial Contra o Cambio Climático, pero nós celebrámolo xa de xeito anticipado o 16 de outubro. Neste curso 2025/26 continuamos centrando o noso proxecto nunha educación ambiental preocupada polo cambio climático, así, este novo proxecto leva por título:"Coida do clima, coida dos teus".

Para presentar este novo proxecto contamos cunha introdución informativa do xornalista e meteorólogo da TVG Diego Viaño Moure, que nos amosou a importancia da  información meteorolóxica.

Despois desta charla informativa e ao longo do curso, cada grupo elaborará un traballo de investigación sobre diferentes temáticas mediambientais relacionadas co clima, para a partir de xaneiro expoñerá ao resto dos compañeiros e compañeiras. As temáticas elexidas para cada grupo son as seguintes:

  • E. Infantil: Eucaliptos e Altri
  • 1º E. Primaria: Industria textil, produción e consumo.
  • 2º E. Primaria: Economía circular
  • 3º E. Primaria: Degradación dos ecosistemas
  • 4º E. Primaria: O clima e a saúde
  • 5ºE. Primaria: Os incendios forestais
  • 6ª E. Primaria: A pegada do carbono







Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.