sábado, 11 de outubro de 2025

SAÍDA DEPORTIVA


XOGADE AO CROSS SILLEDA


O venres, 3 de outubro, o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participou nas carreiras do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar) celebradas no recindo  Semana Verde de Silleda.

Ademais de correr, a rapazada tivo ocasión de relacionarse co antigo alumnado do colexio, con outros centros e tamén gozar dun concurso onde gañaron unha bufanda co logotipo Xogade.

Parabéns para as 8 alumnas e os 8 alumnos que subiron ao podio e para o resto do alumnado, que non obtivo diploma nin medalla, as nosas felicitacións polo esforzo en chegar á liña de meta.














Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.